A ABE PON EN MARCHA A II EDICIÓN DA CAMPAÑA BONOS NEGOCIOS 10
- Poranse a venda 200 caixas con valor de 50€ que ao cliente so lle custan 40€
- Poderanse mercar dende o 7 de marzo na sede da ABE
- Os clientes deben utilizar os bonos #negocios10 antes do 30 de abril
- Hai 200 negocios de todo tipo onde se poden utilizar
Boiro 4 de marzo de 2024
A ABE pon en marcha a II edición da campaña de promoción comercial, BONOS NEGOCIOS 10 que pretende incentivar as ventas nos negocios asociados con BONOS de xeito similar ao Bonos Activa Comercio da Xunta.
Para elo porá a venta 200 caixas de bonos #negocios10 que teñen un valor de 50 € pero que ao cliente so lle costan 40€, levan 10 € de regalo como aliciente para que as utilicen nos establecementos asociados.
As 200 caixas poranse á venta o 7 de marzo as 10:00 horas da mañá nas oficinas da ABE ata esgotar existencias.
Soamente se pode mercar 1 caixa por persoa, presencialmente e en efectivo.
O presidente da ABE, Daniel García explicou que “Os bonos #negocios10 son unha caixa que contén 10 vales de compra de 5€ que son válidos para gastar en calquera das 204 empresas asociadas a ABE entre o 7 de marzo e o 15 de abril”
A caixa tamén contén un listado con todos nos negocios onde se pode utilizar dende roupa, calzado, alimentación, electrodomésticos, decoración, reformas, climatización, xogueterías, librarías, tinturarías, gasolineira, transporte, bares e cafeterías, restaurantes, ocio nocturno, turismo rural, saúde e benestar e un largo etcétera.
Tamén quixo facer especial fincapé en que con esta campaña “pretendese incentivar as compras nun período onde o consumo é baixo para acadar mais de 10.000 € de retorno en compras nos negocios da localidade” e advertiu aos clientes que “o pasado ano as caixas vendéronse en menos de 15 días polo que os interesados deben pasar polas oficinas da ABE canto antes”
As 200 caixas repercutirán 10.000 € nos negocios durante o mes e medio que dura a promoción, o ano pasado os clientes os gastaron en 52 negocios diferentes e non so en comercios senón que servizos e hostalería tamén se beneficiaron da iniciativa.
As bases completas da campaña pódense consultar na web da ABE